Wednesday 15 de May de 2024

Recepción en Neda dos peregrinos do Camiño Gastronómico do Mar


Os preto de 40 participantes do Camiño Gastronómico do Mar, iniciativa que busca dar a coñecer a ruta xacobea que une pola costa os Camiños Norte e Inglés, eran recibidos este mediodía pola concelleira de Turismo, Marián Bello, no albergue do municipio. Coa chegada dos peregrinos/as á nosa vila, tras percorrer a etapa que discorre por terras de Valdoviño e Narón, ponse o punto e final a este camiño, ideado tamén para promocionar, a través de degustacións, o peixe de Burela.

O Concello de Neda súmase á Asociación de Amigos do Camiño do Mar, impulsora do proxecto, na súa reivindicación de que a Xunta recoñeza esta ruta de peregrinación que xa oficializou hai un par de anos o Cabido da Catedral de Santiago.